

É un viño Sousón 100 %, recollido nas nosas mellores parcelas con algunhas cepas centenarias, prefiloxera, o que demostra a importancia desta uva nas nosas terras. É un viño mineral, redondo e sedoso co cal queremos render homenaxe a todos os viticultores personificados na figura de Manuel d´Amaro.
Na fase visual destaca o seu fermoso ton vermello picota escuro cunha gran capa, característico da variedade Sousón, é limpo e brillante. En nariz ten uns agradables aromas dulzóns de froitos do bosque de grande intensidade, delicado e penetrante. En boca ten unha boa acidez moi ben ensamblada cos taninos, proporcionándolle frescura, bo corpo e bo final de boca, fresco cun lixeiro amargor que lle confire un final elegante.