Viños

Os viños de Rubiós gozan de merecida fama dende tempos ancestrais. O dramaturgo e xornalista galego Álvaro Cunqueiro así o recoñeceu e deixou expresado na súa obra “A Cociña Galega”: Eu aseguro que o mellor tinto galego que catei na miña vida foi un de Rubiós: ¡ Deus, que ancho era, que farto, que amistoso, que quentador, que conselleiro¡.

Pero no foi o único que eloxiou estos caldos, xa que outros escritores como Nestro Luján e Juan Perucho, tamén fixeron o propio no “El Libro de la Cocina Española”. “Debemos elogiar el brancellao, el loureiro de Salvaterra, Rubiós, Tortoreos y Meder”.

Filtros activos

  • Categorías: Estoxos
  • Categorías: Tintos
  • Marca: MANUEL D´AMARO
  • Marca: SEÑORÍO DE RUBIÓS
  • Vino: Tinto

MANUEL D´AMARO PEDRAL

Desde

Viño Pedral 100 %. Unha variedade de uva que a nosa adega está recuperando para poder elaborar este viño tan especial. Unha variedade de uva autóctona que transmite a esencia da nosa zona. É un viño afrutado, expresivo e elegante co que queremos render homenaxe a todos os viticultores...

19,50 €

MANUEL D´AMARO SOUSÓN

Desde

É un viño Sousón 100 %, recollido nas nosas mellores parcelas con algunhas cepas centenarias, prefiloxera, o que demostra a importancia desta uva nas nosas terras. É un viño mineral, redondo e sedoso co cal queremos render homenaxe a todos os viticultores personificados na figura de Manuel d´Amaro.

19,50 €

MANUEL D'AMARO CAÍÑO TINTO

Desde

Caíño tinto 100 % elaborado con uvas das nosas mellores parcelas, continuando coa nosa filosofía de recuperar as variedades tradicionais da subzona de O Condado do Tea. Con este viño queremos render unha homenaxe a todos os nosos viticultores personificados na figura de Manuel d´Amaro.

19,50 €

MANUEL D'AMARO BRANCELLAO

Desde

Viño Brancellao 100 %, unha das variedades de uva que a nosa bodega está recuperando para poder elaborar viños únicos e especiais. Unha variedade autóctona que transmite a esencia da nosa zona. É un viño afroitado, expresivo e elegante co que queremos render homenaxe a todos os viticultores...

19,50 €

MANUEL D'AMARO ESPADEIRO

Desde

É un Espadeiro 100 % elaborado con uvas das nosas mellores parcelas, mantendo así a nosa filosofía de recuperar as variedades tradicionais da subzona de O Condado do Tea. É, ademais, un viño co que queremos render homenaxe aos nosos viticultores personificados na figura de Manuel d´Amaro.

19,50 €

SEÑORÍO DE RUBIÓS SOUSÓN

Desde

Este Sousón 100% está elaborado con esta variedade tan característica, tamén denominada retinto, recollida nas mellores cepas das mellores parcelas que teñen os viticultores da nosa adega.

6,00 €

SEÑORÍO DE RUBIÓS MENCÍA

Desde

Este Señorío de Rubiós está 100% elaborado coa variedade mencía, recolectada nas mellores parcelas da bodega dentro da subzona do Condado do Tea.

6,00 €

SEÑORÍO DE RUBIÓS CONDADO...

Desde

Este viño é a expresión dunha gran anada (2018) para a elaboración de tintos en Señorío de Rubiós. Un verán máis caloroso e seco do habitual reflíctese nunha extraordinaria maduración das uvas tintas que forman este coupage: brancellao, sousón, caíño tinto, espadeiro, pedral e mencía.

8,00 €

ESTOXO MANUEL D'AMARO 1...

A nosa colección de monovarietais Manuel d'Amaro, centrada nas variedades máis autóctonas da subzona O Condado do Tea, merece un envase á altura do seu contido. Unha caixa resistente e cerrada con peche magnético para o mellor dos agasallos. 

22,50 €

ESTOXO VIÑOS SELECCIÓN

Os tres buques insignia de Señorío de Rubiós nun mesmo estoxo: un Condado Tinto, un Condado Branco e un Albariño 100%, todos eles resultado dunha coidada selección das mellores parcelas da subzona do Condado do Tea. No Condado Tinto mestúranse Brancellao, Sousón, Espadeiro, Caíño, Pedral e...

26,00 €

ESTOXO CONDADOS SELECCIÓN

A parella dos nosos Condados na súa mellor versión. Unha selección especial para dar a coñecer os viños máis característicos da subzona do Condado do Tea: o Condado Tinto (mestura de Brancellao, Sousón, Espadeiro, Caíño, Pedral e Mencía) e o Condado Branco (mestura de Treixadura, Albariño,...

16,00 €

ESTOXO MANUEL D'AMARO 2...

A nosa colección de monovarietais Manuel d'Amaro, centrada nas variedades máis autóctonas da subzona O Condado do Tea, merece un envase á altura do seu contido. Unha caixa resistente e cerrada con peche magnético para o mellor dos agasallos. 

42,50 €