

Caíño tinto 100 % elaborado con uvas das nosas mellores parcelas, continuando coa nosa filosofía de recuperar as variedades tradicionais da subzona de O Condado do Tea. Con este viño queremos render unha homenaxe a todos os nosos viticultores personificados na figura de Manuel d´Amaro.
Presenta unha preciosa cor vermella-granate cunha capa media e un reberete violáceo e xuvenil. É limpo e brillante. En nariz ten unha intensidade media que demostra o seu poder varietal, sutil, dominando os froitos vermellos. En boca destaca pola súa punta ácida característica da variedade Caíño cunha estrutura media, bo recordo en retronasal e persistente.