

Viño Pedral 100 %. Unha variedade de uva que a nosa adega está recuperando para poder elaborar este viño tan especial. Unha variedade de uva autóctona que transmite a esencia da nosa zona. É un viño afrutado, expresivo e elegante co que queremos render homenaxe a todos os viticultores personificados na figura de Manuel d´Amaro.
Á vista percíbese unha fermosa cor cereixa de capa media con moito brillo e un reberete interesante e intenso de cor morada, a súa lágrima é de formación lenta e caída viva. En nariz é fresco, cunha lixeira acidez que lle transmite xuventude e vitalidade, con aromas primarios moi interesantes, recordos a froitos de bosque (moras, framboesa...), froita negra madura e un lixeiro matiz de regalicia, ademais dun toque especiado. Boa intensidade aromática. En boca resulta fácil de tomar, de trago moi longo e cunha boa intensidade; o seu paso por boca é fresco e algo mentolado, en conxunto é agradable.