

Viño Albariño 100% elaborado con uvas seleccionadas das nosas mellores e tras ter repousado nas súas propias lías durante cinco meses. É un viño elegante, delicado e exclusivo co que queremos render homenaxe a todos os viticultores personificados na figura de Manuel d´Amaro. É grazas ao traballo de todos eles e ao mimo e atención con que levan anos coidando as cepas podemos elaborar este viño tan expresivo, afroitado e único.
Na fase visual presenta unha cor amarela pallosa, brillante e limpo. De nariz intenso, con notas que recordan a froitas de óso, a flores brancas, de complexos e delicados matices. En boca é fresco, potente e sedoso, con boa estrutura e de sensacións duradeiras.