

Viño Albariño 100% elaborado con uvas seleccionadas das nosas mellores parcelas. É un viño elegante, delicado e exclusivo co que queremos render homenaxe a todos os viticultores personificados na figura de Manuel d´Amaro. Grazas ao traballo de todos eles e ao cariño e coidado co que levan anos coidando as cepas podemos elaborar este viño tan expresivo, con toques a froitas e único.
Á vista presenta unha color amarela pallosa, brillante e limpo. De nariz intenso, con notas que recordan a froitas de óso, a flores brancas, de complexos e delicados matices. En boca é fresco, potente e sedoso, con boa estrutura e de sensacións duradeiras.