SEÑORÍO DE RUBIÓS CONDADO BRANCO

€6,61
IVA incluido

Este viño representa a elaboración típica da subzona de O Condado do Tea. Tradicionalmente, os viticultores cultivaban as diversas variedades brancas nas mesmas parcelas e, trala vendima, as fermentaban xuntas nos mesmos depósitos. No noso caso, fermentamos os mostos das diferentes variedades e logo ensamblamos os viños resultantes. O Señorío de Rubiós Condado branco xorde tralo procesado das mellores uvas albariño, treixadura, loureira blanca, godello e torrontés.

Caixa
Cantidade
In Stock

Na fase visual presenta unha cor amarela pallosa con reberete agrisado. En nariz ten unha intensidade media-alta, é moi afroitado, fresco e limpo, destacando a treixadura con notas de mazá verde. En boca é un viño moi complexo debido á mestura de variedades, saboroso, elegante e cunha acidez axustada. No retrogusto volven aparecer as notas de treixadura.

SRC

Ficha Técnica

Grado do alcohol
12,50 % vol
Acidez Total
5,50 g/l
Acidez Volátil
0,40 g/l
Sulfuroso Libre
26 mg/l
Sulfuroso Total
120 mg/l
PH
3,50
Densidade
992 mg/ml
Azúcares reductores
1,50 g/l
Vino
Blanco

Specific References