Viños

Os viños de Rubiós gozan de merecida fama dende tempos ancestrais. O dramaturgo e xornalista galego Álvaro Cunqueiro así o recoñeceu e deixou expresado na súa obra “A Cociña Galega”: Eu aseguro que o mellor tinto galego que catei na miña vida foi un de Rubiós: ¡ Deus, que ancho era, que farto, que amistoso, que quentador, que conselleiro¡.

Pero no foi o único que eloxiou estos caldos, xa que outros escritores como Nestro Luján e Juan Perucho, tamén fixeron o propio no “El Libro de la Cocina Española”. “Debemos elogiar el brancellao, el loureiro de Salvaterra, Rubiós, Tortoreos y Meder”.

Filtros activos

  • Categorías: Estoxos
  • Categorías: Tintos
  • Marca: MANUEL D´AMARO
  • Marca: SEÑORÍO DE RUBIÓS
  • Vino: Blanco

ESTOXO VIÑOS SELECCIÓN

Os tres buques insignia de Señorío de Rubiós nun mesmo estoxo: un Condado Tinto, un Condado Branco e un Albariño 100%, todos eles resultado dunha coidada selección das mellores parcelas da subzona do Condado do Tea. No Condado Tinto mestúranse Brancellao, Sousón, Espadeiro, Caíño, Pedral e...

21,49 €

ESTOXO MANUEL D'AMARO 2...

A nosa colección de monovarietais Manuel d'Amaro, centrada nas variedades máis autóctonas da subzona O Condado do Tea, merece un envase á altura do seu contido. Unha caixa resistente e cerrada con peche magnético para o mellor dos agasallos. 

35,13 €

ESTOXO MANUEL D'AMARO 1...

A nosa colección de monovarietais Manuel d'Amaro, centrada nas variedades máis autóctonas da subzona O Condado do Tea, merece un envase á altura do seu contido. Unha caixa resistente e cerrada con peche magnético para o mellor dos agasallos. 

18,60 €

ESTOXO CONDADOS SELECCIÓN

A parella dos nosos Condados na súa mellor versión. Unha selección especial para dar a coñecer os viños máis característicos da subzona do Condado do Tea: o Condado Tinto (mestura de Brancellao, Sousón, Espadeiro, Caíño, Pedral e Mencía) e o Condado Branco (mestura de Treixadura, Albariño,...

13,22 €