SEÑORÍO DE RUBIÓS SOUSÓN
Este Sousón 100% está elaborado con esta variedade tan característica, tamén denominada retinto, recollida nas mellores cepas das mellores parcelas que teñen os viticultores da nosa adega.
11,00 €Categorías
Dispoñibilidade
Prezo
Caixa
Grado do alcohol
Os viños de Rubiós gozan de merecida fama dende tempos ancestrais. O dramaturgo e xornalista galego Álvaro Cunqueiro así o recoñeceu e deixou expresado na súa obra “A Cociña Galega”: Eu aseguro que o mellor tinto galego que catei na miña vida foi un de Rubiós: ¡ Deus, que ancho era, que farto, que amistoso, que quentador, que conselleiro¡.
Pero no foi o único que eloxiou estos caldos, xa que outros escritores como Nestro Luján e Juan Perucho, tamén fixeron o propio no “El Libro de la Cocina Española”. “Debemos elogiar el brancellao, el loureiro de Salvaterra, Rubiós, Tortoreos y Meder”.
Este Sousón 100% está elaborado con esta variedade tan característica, tamén denominada retinto, recollida nas mellores cepas das mellores parcelas que teñen os viticultores da nosa adega.
11,00 €