Viños

Os viños de Rubiós gozan de merecida fama dende tempos ancestrais. O dramaturgo e xornalista galego Álvaro Cunqueiro así o recoñeceu e deixou expresado na súa obra “A Cociña Galega”: Eu aseguro que o mellor tinto galego que catei na miña vida foi un de Rubiós: ¡ Deus, que ancho era, que farto, que amistoso, que quentador, que conselleiro¡.

Pero no foi o único que eloxiou estos caldos, xa que outros escritores como Nestro Luján e Juan Perucho, tamén fixeron o propio no “El Libro de la Cocina Española”. “Debemos elogiar el brancellao, el loureiro de Salvaterra, Rubiós, Tortoreos y Meder”.

Filtros activos

SEÑORÍO DE RUBIÓS CONDADO...

Desde

Este viño é a expresión dunha gran anada (2018) para a elaboración de tintos en Señorío de Rubiós. Un verán máis caloroso e seco do habitual reflíctese nunha extraordinaria maduración das uvas tintas que forman este coupage: brancellao, sousón, caíño tinto, espadeiro, pedral e mencía.

8,00 €

SEÑORÍO DE RUBIÓS ALBARIÑO...

Desde

O primeiro viño ecolóxico de Señorío de Rubiós, albariño 100%,  elaborado con uvas de parcelas localizadas nos concellos de As Neves e Salceda de Caselas onde prima o gran traballo realizado polo viticultor.

16,00 €

ESTOXO CONDADOS SELECCIÓN

A parella dos nosos Condados na súa mellor versión. Unha selección especial para dar a coñecer os viños máis característicos da subzona do Condado do Tea: o Condado Tinto (mestura de Brancellao, Sousón, Espadeiro, Caíño, Pedral e Mencía) e o Condado Branco (mestura de Treixadura, Albariño,...

16,00 €

ESTOXO VIÑOS SELECCIÓN

Os tres buques insignia de Señorío de Rubiós nun mesmo estoxo: un Condado Tinto, un Condado Branco e un Albariño 100%, todos eles resultado dunha coidada selección das mellores parcelas da subzona do Condado do Tea. No Condado Tinto mestúranse Brancellao, Sousón, Espadeiro, Caíño, Pedral e...

26,00 €

ESTOXO MANUEL D'AMARO 1...

A nosa colección de monovarietais Manuel d'Amaro, centrada nas variedades máis autóctonas da subzona O Condado do Tea, merece un envase á altura do seu contido. Unha caixa resistente e cerrada con peche magnético para o mellor dos agasallos. 

22,50 €

ESTOXO MANUEL D'AMARO 2...

A nosa colección de monovarietais Manuel d'Amaro, centrada nas variedades máis autóctonas da subzona O Condado do Tea, merece un envase á altura do seu contido. Unha caixa resistente e cerrada con peche magnético para o mellor dos agasallos. 

42,50 €