ESPUMOSO CONDADO BRANCO...
Elaborado seguindo o método clásico de elaboración, sen adición de azucre no licor de expedición, cun período mínimo de fermentación en botella de 9 meses (dende a tiraxe ata o "degüelle") a unha temperatura controlada de 14 ºC. Elaborado coa base do Condado branco: albariño e treixadura que se...
16,00 €LICOR CAFÉ
Un dos licores que, a base de tradición, conseguiu cautivar aos gustos máis diversos. A unión perfecta entre a augardente e o café con toques de cítricos e azucre. Cautiva polo seu aroma intenso e o seu sabor envolvente.
10,00 €CREMA CHOCOLATE E CEREIXAS
Licor doce e afroitado resultante da mestura dunha boa base láctea, a nosa augardente, o mellor dos chocolates e un toque de cereixa. A opción elexida polos gustos máis larpeiros.
10,00 €CREMA CAFÉ XAMAICANO
Se mesturamos a nosa crema de licor cun bo café de Jamaica, logramos esta saborosa crema; sen dúbida algunha un dos nosos licores máis exitosos.
10,00 €CREMA DE LICOR
O licor escollido polos gustos máis clásicos, aqueles que buscan o sabor doce dunha das recetas máis tradicionais. Perfecta para rematar unha boa comida ou para elaborar un postre.
10,00 €AUGARDENTE BRANCA
A augardente máis clásica, obtense seguindo as directrices marcadas pola tradición galega. O mellor dixestivo, un gran compañeiro para o café.
10,00 €AUGARDENTE DE HERBAS
Un clásico da tradición galega, elabórase macerando en augardente unha rica e variada mestura de herbas e sementes aromáticas diferentes.
10,00 €MANUEL D'AMARO LOUREIRA
Viño Loureira 100% elaborado con uvas de cepas seleccionadas das nosas mellores parcelas da subzona de O Condado. Unha das variedades que conforman o Señorío de Rubiós Condado Branco, por primeira vez en solitario.
19,50 €SEÑORÍO DE RUBIÓS CONDADO...
Este viño é a expresión dunha gran anada (2018) para a elaboración de tintos en Señorío de Rubiós. Un verán máis caloroso e seco do habitual reflíctese nunha extraordinaria maduración das uvas tintas que forman este coupage: brancellao, sousón, caíño tinto, espadeiro, pedral e mencía.
8,00 €SEÑORÍO DE RUBIÓS ALBARIÑO...
O primeiro viño ecolóxico de Señorío de Rubiós, albariño 100%, elaborado con uvas de parcelas localizadas nos concellos de As Neves e Salceda de Caselas onde prima o gran traballo realizado polo viticultor.
16,00 €ESTOXO CONDADOS SELECCIÓN
A parella dos nosos Condados na súa mellor versión. Unha selección especial para dar a coñecer os viños máis característicos da subzona do Condado do Tea: o Condado Tinto (mestura de Brancellao, Sousón, Espadeiro, Caíño, Pedral e Mencía) e o Condado Branco (mestura de Treixadura, Albariño,...
16,00 €ESTOXO VIÑOS SELECCIÓN
Os tres buques insignia de Señorío de Rubiós nun mesmo estoxo: un Condado Tinto, un Condado Branco e un Albariño 100%, todos eles resultado dunha coidada selección das mellores parcelas da subzona do Condado do Tea. No Condado Tinto mestúranse Brancellao, Sousón, Espadeiro, Caíño, Pedral e...
26,00 €